lunes, 17 de diciembre de 2012

UMPA-PÁ


Adquirimos para a biblioteca do centtro Umpa-pá, unha serie de comics recopilados agora nun libro pola editorial Salvat. Os creadores do mesmo foron Uderzo e Goscinny ou o que é o mesmo os pais de Asterix e Obelix. Tal e como nos conta a Wikipedia as historietas de Umpa-pa transcorren na américa do Norte do século XVIII, cando a carabela La Arrogante chega a aquelas afastadas terras para conquistar territorios por orde do rei. O impetuoso cabaleiro Humberto da Pasta de Hojaldre, ansioso por explorar as terras americanas, desembarca en solitario, e Umpa-pá, valeroso guerreiro da tribo dos Valevale, captúrao. Xa na súa tribo, outros importantes personaxes do clan como o ancián Sóloundiente ou o feiticeiro Comollueve, pretenden comerse ao cabaleiro, mentres que se Umpa-pà desexa conservalo, deberá pasar unha serie de probas. Durante o transcurso das mesmas, Pasta de Hojaldre deféndeo, e isto emociona a Umpa-pà que no momento manifesta que se sae vitorioso, o cabaleiro xa non será o seu prisioneiro, senón o seu irmán e amigo. O protagonista consegue vencer, e Pasta de Hojaldre é adoptado pola tribo baixo o nome de Perruca Nevada, pola perruca empolvada que usa.

ROSALIE BLUM












Se tivese que escoller un libro para regalar en Nadal regalaría a novela gráfica Rosalie Blum de C. Jourdy. Ed. La Cúpula. Un texto divertido de debuxo detallista e minucioso, cheo de sensibilidade e humor sen límites.

Nun pequeno e aburrido pobo viven Vincent, un perruqueiro de trinta anos que aínda non conseguiu cortar o cordón umbilical que lle une á súa excéntrica nai; Rosalie, unha muller que tenta afogar o seu escuro pasado a través do whisky, e Aude, que se deixa arrastrar pola vida.
A vida monótona de Vincent verase perturbada por un encontro que lle xerará unha vaga e imprecisa reminiscencia de algo ou alguén pasado e que derivará en obsesión. O detonante é a aparición dunha muller, Rosalie, que parece levar unha vida tan aburrida como a de Vincent. Axudará este encontro a que Vincent supere os seus demos?.
En Rosalie Blum asistiremos a tácticas de espionaxe e contraespionaje e coñeceremos a desternillantes personaxes como o compañeiro de piso de Aude, que quere montar un circo sen ningún tipo de recurso económico; a misteriosa Bernardette; a aloucada e descarada Cécile, e a estrafalaria nai de Vincent.
Rosalie Blum recibiu os premios RTL en 2009 e o de autor revelación no Festival International da Bande Dessinée de Angoulême en 2010.


lunes, 10 de diciembre de 2012

EL HOGAR DE MISS PEREGRINE



El Hogar de Miss Peregrine para niños peculiares de Ransom Riggs ten un dos videos promocionais máis irresistibles dos últimos tempos. O libro é unha xoia, fermoso, misterioso e insuperable a nivel gráfico. Unha enigmática historia sobre nenos extraordinarios e monstros escuros; unha fantasía arrepiante ilustrada con inquietantes fotografías que deleitará a mozas e adultos. De neno, Jacob creou un vinculo moi especial co seu avó, que lle contaba estrañas historias e ensináballe fotografías de nenas levitando e nenos invisibles. Agora, seguindo a pista dunha misteriosa carta, emprende unha viaxe cara á illa remota de Gales na que o seu avó se criou. Alí, atopa vivos aos nenos e nenas das fotografías, aínda que os aldeáns afirmen que morreron hai moitos anos.


TANGO


De seguro a novela máis agardada do Nadal. El Tango de la Guardia Vieja de Pérez Reverte (Ed. Alfaguara) promete aventuras pero desta volta relacionadas co mapa dos sentimentos, un tema pouco tratado polo autor. 

Unha parella de mozos apostos, aburados por paixóns urxentes como a vida, míranse aos ollos ao bailar un tango aínda non escrito, no salón silencioso e deserto dun transatlántico que navega na noite. Trazando sen sabelo, ao moverse abrazados, a rúbrica dun mundo irreal cuxas luces fatigadas empezan a apagarse para sempre.
Un estraño desafío entre dous músicos, que leva a un deles a Bos Aires en 1928; un asunto de espionaxe na Riviera francesa durante a Guerra Civil española; unha inquietante partida de xadrez no Sorrento dos anos sesenta...
O tango da Garda Vella narra con pulso admirable unha turbia e apaixonada historia de amor, traizóns e intrigas, que se prolongan durante catro décadas a través dun século convulso e fascinante, entre a luz crepuscular dunha época que se extingue.

lunes, 3 de diciembre de 2012

ECLIPSE MORAL

Algúns dos libros máis prestados da biblioteca pertencen a saga Crepúsculo, o seu éxito ten moito que ver cunha historia de amor-adolescente imposible que repite esquemas por todos coñecidos. Pero á obra pódeselle facer una crítica máis dura dende outro punto de vista... No seguinte artigo máis detalles.

OS MISERABLES

O día de Nadal chegará as pantallas de todo o mundo  a adaptación  de Os miserables  novela  de  Victor Hugo   Un texto de éxito universal que moita xente coñece tamén polo musical do mesmo título. En realidade a película segue punto por punto o desenrolo do mesmo. Un bo momento para recuperar a loita dos oprimidos en calquera circunstancia e situación.