lunes, 25 de febrero de 2013

VERDEDADES





Fermoso libro para iniciarse na poesía, Verdedades, da autoría de Iolanda Castaño e inesquecibles ilustracións de Xosé Tomás, constitúe un canto á natureza e ás variedades botánicas. Trátase dunha composición de tipo popular para soñar co noso medio natural. Tal e como explica Xosé o tema son as plantas, os froitos, as verduras,...e as persoas que conviven con elas e as observan. Un verán na casa dos avós, unha nena que aprende sen tempos, sen límites, con libertade e paixón polo descubrimento. E a vida vexetal que os rodea a todos, que os envolve dentro e fóra da casa. É unha obra en poesía, con fondos silencios, que tratamos que convidase á contemplación pausada e emocional.

EL OJO DE CRISTAL


O texto escollido para o clube de lectura da ESO é El ojo de cristal  y Charlie saldrá esta noche, de Cornell Woolrich, é un libro interesante para os amantes das novelas de detectives, misterio e suspense. A trama do libro pode parecer excesivamente fantástica, posto que todo desenvólvese cun ollo de cristal que o protagonista recibe dun compañeiro como centro da narración e núcleo do asasinato. Suspense garantizado. 

lunes, 18 de febrero de 2013

MARXINADOS


Charlie ten 15 anos e quedouse só tras o suicidio do seu mellor amigo. Vive cos seus pais, o seu popular e guapa irmá e un irmán maior que está a piques de comezar a universidade. O seu profesor de lingua está convencido de que Charlie posúe unha gran capacidade intelectual. Tras coñecer a Sam e Patrick empeza a comprender o que é ser un adolescente, e comeza unha viaxe cara á madurez que lle levará a percorrer camiños novos e inesperados. Con eles descobre nova música, empeza a beber, fumar, cambia de amigos… ata que se converte nun mozo de verdade!.

É o argumento de Las ventajas de ser un marginado, de Stephen Chbosky, un libro sobre a adolescencia que agora adaptouse ó cine. A película, lonxe das ridículas comedias de instituto americanas, aborda o tema da pubertade con seriedade e reflexión, e cunha sinceridade abraiante. Un bo texto para os alumnos de bacharelato.

VALENTE


O próximo texto do clube de lectura será unha antoloxía poética do gran ourensán Jose Ángel Valente. Cada un dos membros do clube terá que escoller o seu poema preferido e falar sobre os motivos que o levaron a compartilo co grupo. Neste enlace unha pequena mostra da súa obra.  

La adolescente

Ya baja mucha luz por tus orillas,
nadie recuerda la invasión del frío.

Ya los sueños no bastan para darle
razón de ser a todos los suspiros.

Tú cantas por el aire.

Ya se ponen de verde los vestidos.
Ya nadie sabe nada.
Nadie sabe
ni cómo ni por qué ni cuándo ha sido.

lunes, 4 de febrero de 2013

AMOR DE SEREA


Tal e como anuncia a Editorial Xerais chega ás librarías a nova aventura de Tintimán, un xornalista mozo, aventureiro e fachendoso que en dúas entregas anteriores investigou senllas conspiracións históricas nas cidades de Santiago de Compostela e na Coruña. O personaxe, creado polo escritor e xornalista Santiago Jaureguizar (Bilbao, 1965), visitará nesta ocasión Vigo para deitar luz sobre a aparente desaparición dos galeóns de Rande. Non hai rastro deles en toda a ría de Vigo. O Amor de Serea toleou os malvados, que están dispostos a calquera ruindade para facerse con el. Soamente o reporteiro máis valente e espelido de Galicia, Tintimán, poderá combatelos malia ter apenas 16 anos. O afouto investigador porá en risco a súa vida, pero non está só na loita contra o mal: axúdao Mónica, unha compañeira de clase que presume de ser a súa moza, e Señor Grozni, un gato torto con supostos poderes telepáticos.