lunes, 29 de abril de 2013

FORGES

Un sorriso, please.





O MISTERIO DO BARCO PERDIDO


O misterio do barco perdido de Carlos G. Reigosa é o texto que traballaremos este mes co clube de lectura.

Ó detective Nirvardo Castro encárganlle que investigue a desaparición do "Cadanseu", un barco pesqueiro que se supón naufragado no océano fronte ó Sahara. Malia que non se descubre resto del nin dos seus tripulantes, o armador quere investigar o asunto porque o seu fillo ía no barco. Nirvardo pídelle axuda ó seu amigo Carlos Conde, xornalista. Tras pasar polas illas Canarias e por Beirut, comezarán un periplo maior, indo a Exipto e Beirut, onde coñecerán desde dentro o tráfico internacional de armas e as loitas internas entre diferentes faccións.
Logo de estar no medio dunha dura batalla con rifles de asalto, da que escapan de milagre, descobren que foron utilizados por un home poderoso. Sexa un triunfo ou sexa un fracaso, acaban descubrindo que o seu traballo está feito.

domingo, 21 de abril de 2013

AS VOSAS PEGADAS

Celebramos o día do libro, coas pegadas dos alumnos. Recomendacións de obras que deixaron marca nos alumnos do Ies 12 de Outubro.













lunes, 8 de abril de 2013

SEGUE LENDO

As librarías Gandhi  (México) caracterízanse por unha publicidade de calidade que nos invita a descubrir ese tesouro agochado chamado lectura.

 

MAÑALA LO DEJO


O próximo libro escollido para o clube de lectura do Bacharelato, é Mañala lo dejo de Gilles Legardinier. Cargado de humor a propia editorial proclama que o libro é a mellor receta anti-crise, debería estar recetado pola seguridade social.
Na terceira festa de divorcio dun amigo, Julie recibe unha pregunta inesperada: Que é o máis estúpido que fixeches na túa vida?. Moitas cousas, pensa, tales como tentar arranxar unha toma de electricidade sostendo os cables entre os dentes, ou obsesionarse polo seu novo veciño con só ver o seu nome, Ricardo Patatras, escrito na caixa de correos.
Mentres se dispón a botar pola borda o seu traballo nun banco para atender na panadaría da señora Bergerot, e faise cargo do pequeno horto da súa veciña, Julie non vacilará en correr todos os riscos necesarios para conquistar o corazón dese veciño tan sedutor como misterioso.


lunes, 1 de abril de 2013

PEGADAS

Achégase o día do libro. Para celebralo xa temos preparadas as pegadas, con recomendacións literarias, que cubrirán todo o centro camiño da biblioteca. Queres seguir o noso rastro?.