martes, 28 de enero de 2014

VIAXE AO CENTRO DA TERRA


O clube de lectura dos pequenos empeza a súa andaina con un clásico Viaxe ao centro da Terra de Verne. Unha xoia da ciencia ficción,  lectura inesquecible que fascinou a múltiples xeracións. Ah, tamén veremos a peli.

CLUBES @ LECTURA


Cada vez máis de moda os clubes de lectura dixitais son unha invitación a compartir preferencias literarias sen marchar de casa. Lecturalia é unha das máis coñecidas en España. 

martes, 21 de enero de 2014

MERLÍN

Unha nova triloxía aparece nas librerías con forza: A profecía de Merlín de M.K.Hume. 
Século V d.C. O Imperio romano se desmorona e na antiga provincia de Britania o poder está a cambiar de mans. Só queda un último servidor leal a Roma, acosado polo caudillo dos celtas que se impuxo sobre as outras tribos indíxenas, e polos saxóns, recentemente chegados de Germania e máis ao norte, que soñan con establecerse, a sangue e lume, nestas terras. Todos ansían este novo mundo, máis brutal e cruel, onde a vida carece de valor, a traizón é moeda de cambio e sempre vence a espada.
E no medio do caos un neno da tribo dos deceanglos, cun talento natural para sanar e un don temible para a profecía, presente que ante el se abre un gran destino.
Aquí comeza a historia de Myrddion Merlinus.   

UN HOME SABIO


Unha das sagas máis prestadas na biblioteca e a correspondente ó Nome do Vento de Patrick Rothfuss. Atopamos un fermoso video de promoción da segunda parte O temor dun home sabio. Maxia, aventura, misterio e loitas nun mundo máxico e por descubrir. A que agardas???.

viernes, 17 de enero de 2014

ROSALIA


O descubrimento de manuscritos autógrafos que conteñen versos descoñecidos da poetisa Rosalía de Castro coincide co sesquicentenario do seu memorable Cantares Galegos e arroxa luz sobre os inicios da súa carreira literaria en galego.
A Real Academia Galega (RAG) volveu a «izar a bandeira de Rosalía», en palabras do seu presidente, Xesús Alonso Montero, na celebración dun achado que «a estas alturas parecía imposible», pois xa hai 129 anos do falecemento da escritora galega.

O MELLOR DO 13

O programa Pagina 2 de Rtve fai un resumo das mellores obras do ano pasado. Seguro que máis dunha quedou sen ler. Bótalle un ollo e atopa recomendacións personalizadas.