martes, 25 de marzo de 2014

TEATRO CLÁSICO

O departamento de latín organizou onte unha saída a Lugo, con alumnos de 4 da ESO e Bacharelato. para asistir a representación de dúas obras de teatro clásico. Traxedia matutina, Hipsípila e comedia vespertina, a Aulularia. As imaxes falan por si mesmas.















martes, 18 de marzo de 2014

O MEU SIGNO, LEO




DIADEMAS DE FRORES


Foise este mes un dos autores malditos la poesía española. Membro dunha saga familiar inesquecible para as letras hispanas, Panero foi dende moi novo tomado por tolo. Os seus versos, moitas veces esquizofrénicos, eran tamén dunha beleza sublime. Quedamos cos últimos.

“y dicen que llueve por nosotros y que la nieve es nuestra / y ahora que el poema expira / te digo como un niño, ven / he construido una diadema / (sal al jardín y verás cómo la noche nos envuelve)”.

martes, 11 de marzo de 2014

POR QUE?



Non hai referentes culturais e científicos femininos nos libros de texto dos colexios. Por que en 600 anos de literatura castelá, até o XX, a única autora que se se adoita citar nos manuais é Santa Teresa de Jesús? Esta pregunta formúlaa Ana López-Navajas, autora do estudo Análise da ausencia das mulleres nos manuais da ESO. Unha genealogía do coñecemento ocultado, que continúa: Por que non aparece Gertrudis Gómez de Avellaneda, recoñecida figura do romanticismo? Ou María Rosa Gálvez, do XVIII, que enchía máis teatros que moitos compañeiros seus? Todas estas cuestións a lanza ao aire o estudo, realizado pola Universidade de Valencia baixo o amparo do extinto Ministerio de Igualdade, que constata que os referentes femininos representan tan só o 7,5% do total de figuras que aparecen nos libros da ESO.

MULLERES 2

Porque outro Disney é posible...